Vigo. Setembro de 1972. Paula acaba de atravesar unha cidade tomadapola policía franquista e colapsada pola folga. Na súa casa, no altodo edificio de Gran Vía nº 2, agárdaa unha revelación. Ten quince anos e acaba de decatarse de que non coñece a súa nai, a herdeira dunhainfluente estirpe de empresarios alemáns asentados no porto vigués afinais da I Guerra Mundial. O que ela descobre esa tarde é o primeirosegredo dunha rede de mentiras e silencios que, xa no presente, severá obrigada a destecer para o seu fillo. Nese relato achará asclaves de quen é a súa familia. Un colar de rubís, unha carta senresposta, un país bombardeado, trens que parten cara ao frío e, sobretodo e contra todo, o amor prohibido que unirá de por vida o seu tíoÁlvaro co inquietante Bruno. Cabalos e lobos, a primeira e magnífica novela do xornalista Fran P.Lorenzo, é o retrato íntimo da historia dun século marcado polaguerra, o totalitarismo e a barbarie. Unha fotografía, con Vigo aofondo, do combate individual que os seus protagonistas libran poraquilo que desexan, nese preciso lugar en que a cidade se funde cosseus soños.