Buto, o zapateiro, conta a historia do seu amigo Baltasar, un rapaz de once anos, cego de nacemento e orfo de nai, que vive coas súas tías,Olegaria e Berenguela, dúas xemelgas moi antipáticas e un poucomalvadas. Acompañado do seu can, Barriga Branca, Baltasar vende napraza dos Zoqueiros soldadiños e bailarinas de madeira, labradas coasúa navalla, coa intención de xuntar cartos para reunirse co seu pai.A aparición na praza do Castañeiro de Abril provocará un xiro na súavida e unha chea de acontecementos que trastornan a vida da xente doseu barrio. O Castañeiro de Abril é unha historia de superación dunha dignidadetremenda e dunha afouteza extraordinaria. Unha reivindicación dascousas miúdas, que adoitan ser a principal orixe dos nosos desgustos e das nosas maiores satisfaccións.