A árbore xenerosa é un clásico de 1964 para lectoresde todas as idades que presenta -en clave crítica- reflexiónse lecturas diversas: unha amizade incondicional e desinteresadaque non é correspondida en igual medida; a relaciónco noso planeta, constantemente agredido; a contraposiciónentre as necesidades materiais e o intanxible, para acadara felicidade; e mesmo unha parábola da familia...O texto é unha sucesión dinámica de accións arredorda figura central da árbore que, ao longo do tempo,interactúa cunha persoa. Toda unha vida transcorrenesta historia tenra e conmovedora, cun pouso de tristura:dende a nenez, cando os dous xogaban; ata a idade adultae a etapa anciá, diferenciadas polo contraste entre "querer"e "necesitar" como actitudes vitais. Sen pedir nin agardarnada a cambio, a xenerosidade e o amor sen límites son o sinalde identidade dunha árbore que é feliz facendo feliz o Neno.