No século XIII, unha " troupe " de artistas itinerantesprocedentes de Galicia percorre os reinos do Camiño de Santiago. É unmomento de cambio político, cultural e lingüístico nunha Europainmersa en cruentas loitas de poder. As persecucións relixiosas e asansias expansionistas coinciden co auxe das cantigasgalego-portuguesas e co declive da lírica provenzal. Un códice oculto, a Inquisición, a herexía cátara e os segredos da alquimia uniranse ás cantigas medievais para conformar unha engaiolante trama nunha novela con grandes doses de intriga." A arte de trobar " é unha novela luminosa, escrita confelicidade e coñecemento, que non renuncia ao humor. Configurada apartir de capítulos curtos, é capaz de integrar unha trama implacablecoa tradición máis notable de versos en galego e occitano. Documentada con rigor, e dotada dun ritmo moi áxil, " A arte detrobar " constitúe un vibrante fresco desta nosa historia, que se escribiu en folla de pergamiño e con pluma de ave, á beira do mar.