Marcela é unha coelliña distinta aos demais habitantesda súa comunidade. Non só polo seu ollo birollo, que lle tapancuns anteollos afumados, senón porque non se adaptaás normas establecidas e por iso un día escapa. O seu seguintedestino é un poboado de coellos negros e brancos que funcionaao revés do seu lugar de procedencia. Mais no fondo, "todo erao mesmo: uns bebían a auga limpa e os outros a auga sucia,uns comían a herba fresca, e outros a herba seca, uns pisabane os outros eran pisados", reflexiona Marcela con amargura.Esta fábula, escrita en 1979, aborda cuestións comoa educación en igualdade, o respecto polas diferenzas,a tolerancia e a convivencia entre culturas, razas e crenzas.A súa protagonista é rebelde, ousada e nada convencional;rexeita as inxustizas e procura a felicidade, fiel aos seus ideais.