Serafina, que é filla dun ladrón de bicicletas, vive coa súa tía, dona Perfecta, nunha vila mariñeira. A súa máxima aspiración é serequilibrista nun circo con Celerífera, a bicicleta coa que consegueabraiar, e cara a iso van enfocados todos os seus esforzos, aos quenon serán alleos nin a axuda do vello Elías nin as dificultades quelle ocasionan a panda de Martiño o Bravo.O xurado da XXVª edición do Premio Merlín de Literatura Infantiloutorgou o seu recoñecemento a esta primeira novela de Teresa Gonzalez Costa salientando "a perfecta combinación de tenrura e humor dunhahistoria cuxo fío condutor é unha bicicleta que se converte enpersonaxe, á beira da protagonista, e que guía con eficacia odesenvolvemento da historia". A filla do ladrón de bicicletas foi ilustrada por Jacobo FernándezSerrano e recomendada para lectores de 11 anos en diante.