O protagonista deste relato acumulativo de estrutura repetitivae circular é unha sorte de Principiño que, farto da soidade,emprende un camiño iniciático. Diversos animais fantásticos-de inspiración mítica e valor simbólico- vanlle facendocompaña e conformando un grupo heteroxéneo e compacto:o peixe que tiña a cola do revés, o cabalo alado,o tigre arco da vella, o elefante elegante..."A viaxe de Olaf" destaca pola profusión de coloridoe pola harmonía coa que Martín León Barreto combinagamas cromáticas. Son ilustracións de formas xeométricasdotadas de movemento e dinamismo, e integradascomo pezas dun complexo crebacabezas faunístico