É inverno, a neve cae sobre Múnic e Clara atópase perdida. Sencomprender moi ben como, errou o camiño que a levaba a convertersenunha brillante adestradora canina no seu Lugo natal e rematou alá,nun banco conxelado do Englischer Garten. Todo por aquilo que a xentedenominaba «amor». Mais, que era o amor a fin de contas? Era aquiloque estaba vivindo ou a posibilidade de algo diferente?
Desde a domesticación ata a liberación salvaxe, Clara tentará,facendo o camiño inverso do can ao lobo, reconstruírse parareconstruír o mundo que a rodea. Un proceso no que non avanzará soa:Gaia, MK, Aurora, Saínza e unha morea de cans marcarán un camiño noque amar non consista nos soños que nos venden e se centre en desataro salvaxe; en atopar a manda.
Esta nova entrega do Ciclo dos elementos explora os límites do amor, do arraigamento e da nosacapacidade para crear mandas que nos protexan no día a día dosafectos.