Dirixido a docentes, nais e pais, políticos, urbanistas… e tamén
ao público infantil, "Cando os nenos din BASTA!" é a continuación de"A cidade dos nenos": 26 frases recollen propostas e protestas dosrapaces, actúan como lema de cabeceira e argumentode cada capítulo do libro. Tonucci proponnos escoitar os nenose ter en conta as súas opinións.Para que os nenos desexen expresarse e teñan esa posibilidade, cómpreque os adultos saiban escoitalos, se poñan ao seu carón,e teñan disposición para defender as súas posturas.