Travesía das Musas: unha rúa estreita, nun barrio vello e pobre dunhaantiga cidade. Nin merecía que lle chamasen rúa, só travesía. Peroneses lugares é onde se agochan, ás veces, a aventura e o desexo deliberdade de quen se sente só e preso. Ademais, as Musas son asinspiradoras da poesía, dos poetas? E, naquela pequena rúa, habíapoesía e diversión no aire. Xan parecía respiralas. E os seus veciñostamén.