Despois da chuvia é unha fábula moderna sobre a superacióndas adversidades, a adaptación ao medio e a colaboraciónduns cos outros para a supervivencia do colectivo. Un diluvio inunda o bosque e os seus habitantes terán que saír adiantenun improvisado refuxio. Un pequeno raposo ofrecerasepara buscar comida e auga, pero o grupo non crenas súas capacidades -nin nas súas intencións-e encomenda esas tarefas a outros animais.Na obra galardoada co VIII Premio Internacional Compostelade Álbum Ilustrado están presentes a solidariedadee o traballo en equipo na busca do ben común,que non depende do luxo, senón de elementos esenciais-e mesmo inmateriais- para atender as necesidades básicas.Nunha lectura máis profunda, o raposo -identificado na literatura
e na cultura popular como un ser astuto e enganoso- motivaa desconfianza dos seus compañeiros, aos que este personaxe acabarásorprendendo cunha valiosa achega que superaas expectativas de todos. O protagonista deste relatoenterneceranos coa súa inocencia cando -inxenuamente-pretende conseguir o inacadable.