Erros e Tánatos componse dun conxunto de dez relatos nos que Gonzalo Navaza demostra unha gran soltura no manexo das técnicas narrativas a partir dunha prosa breve, limpa, directa, chea de sentido do humor,que sorprende ao lector coa súa capacidade para ironizar, para crearintriga e para sorprender."Erros e Tánatos" é un libro magnífico que, con moita claridadenarrativa, atrapa ao lector coas súas boas historias, historias eacontecementos que se suceden medrando e creando unha grande tensiónnarrativa que remata nun final sorprendente, un final que explora osterritorios do Tánatos por culpa dos Erros do azar. Partindo dunha forma clásica de narrar, Gonzalo Navaza escribiu unlibro que divirte, que seduce; é o libro dun narrador eficiente que,sen lugar a dúbidas, constrúe unha obra notable. A presente edición,ofrecida en novo formato e aparencia, revisada polo autor e décimadende a súa aparición en 1996, converte a este monllo de relatos deGonzalo Navaza nun dos clásicos da narrativa galega contemporánea.