Hércules descobre un libro titulado Celia, lo que dice na Bibliotecado Olimpo. Causoulle tanta risa, que decidiu viaxar no tempo paracoñecer a súa autora, Elena Fortún. A máquina do tempo deixa aHércules nun parque de Madrid, fronte a unha escultura dedicada áescritora. Alí coñece unha enigmática anciá, que lle relata a vida deElena Fortún: unha nena imaxinativa, romántica e moi inqueda, que deadulta foi unha exitosa escritora para nenos.- "Foi unha fada capaz de transformar o mundo coa variña máxica da súa marabillosa pluma" -dille a anciá antes de desaparecermisteriosamente.