Este libro de relatos, o segundo no xénero na obra de Carlos Casares,publicouse por primeira vez en 1979. Desde entón, alcanzou variasedicións. Foi Premio da Crítica en 1980 e mereceu os honores datradución ao ruso e ao castelán. En xeral, os críticos considérano undos mellores libros do seu autor. Son, segundo Gonzalo TorrenteBallester, "bromas gastadas á Historia con enxeño xoguetón eperspicaz, cunha graza de fondas raíces que, se unha se enrosca nocorazón a outra se crava na intelixencia, e dá ese resultadoindefinible que é a flor da literatura". En doce relatos, baseadostodos eles en referencias bibliográficas nas que se mesturan afantasía coa realidade, Carlos Casares faille guiños cómplices a Clío, a musa da Historia, cunha clara intención paródica. Estes contosintroduciron na literatura galega un xeito distinto de tratar cousascomo a historia, enxergada aquí como o resultado dos soñostraxicómicos e malhumorados dunha musa imprevisible e algo excéntrica.