Os Megatoxos son catro mozos que teñen que compatibilizar as clases no instituto, cunha dobre vida que os impulsa a viaxar na procura dunhacura para a súa mutación xenética, un cambio provocado por unha planta moi especial, o Toxo. Esta planta mutante ten, entre outras, acapacidade de viaxar no espazo e no tempo. O día en que Ruxe, Faísca, Ninfa e Lúa comezaron o curso, apenas secoñecían. Mais un accidente inesperado fará que as súas vidas mudenpara sempre.Decataranse de que teñen algo especial en común, máis aló de asistirao mesmo instituto, e que nas súas vidas hai preocupacións máis fondas que entregar a tempo os traballos de clase.Estraños poderes, aventuras sorprendentes e misteriosos encontros. Oscatro mozos terán que viaxar no tempo para procurar respostas na terra dos seus antepasados, os celtas...