A POESÍA non morde. E, aínda que haxa quen pense o contrario, non éaburrida, romanticona nin difícil. Esta divertida antoloxía poéticademostra o contrario. De Rosalía de Castro ás poetas novas,propoñémosche unha viaxe polos poemas máis próximos, divertidos edesenfadados da poesía galega. Poetízate é un libro pensado para aspersoas que non están afeitas a ler poesía. ¿Para que? Para cantar,berrar, recitar, rapear, musicar, rebelarse contra o mundo ou só parafalar suave na orella. Este é un libro para sentir, gozar e intuír apoesía. Así que, xa o sabes: poetízate. Espírito e contidos do libroPoetízate -que consta do propio corpus poético, un limiar e unha«visita guiada» a xeito de epílogo- é obra do escritor Fran Alonso enace coa vocación de levar a poesía ás aulas dun xeito desenfadado ebuscando sempre a complicidade e a proximidade co lector ou lectoraadolescente. O corpus de «Poetízate» percorre toda a poesía galegadesde Rosalía de Castro até a actualidade e consta de arredor de 200poemas seleccionados de perto de 80 autoras e autores.