O astrónomo galego máis importante do século XX. Foi pioneiro nainvestigación astronómica en Galicia e o primeiro en estudar asestrelas dobres no Estado español. Construíu o primeiro observatorioastronómico de Galicia en Lalín e fundou o Observatorio Astronómico da Universidade de Santiago. No seu haber conta coa descuberta de catroestrelas dobres e unha extensa produción científica entre a quedestaca a súa magnífica Introducción a la Astronomía, libro dereferencia na universidade española durante moitos anos. Foi ademaisun dos precursores do uso da lingua galega na ciencia e o primeiro enempregala en astronomía nos seus ensaios publicados na revista Logos.