Soños. Arquivos. Cartas é unha obra experimental e aberta queentra en diálogo co diario poético e co xénero epistolar, explorandoos puntos de xuntura entre estas dúas modalidades de escrita. Fronte á tradición que ve no poema o reino da expresión subxectiva, o librosostén que a poesÃa é un xeito privilexiado de apertura aos outros. "Soños. Arquivos. Cartas " componse de fragmentos cosidos por un fÃonarrativo, non propiamente novelesco, que é o da vida, o dos dÃaspasados e presentes, posto ao servizo dunha procura: falar dascondicións nas que ese lume lento que sempre arde nas mans e quechamamos poesÃa pode ou non ser transmitido ás ávidas mans daquelesque o procuran. Un libro que, a imitación do delgado fÃo vermello davida, ve na poesÃa unha herdanza oculta que pasa por enriba de casetodo e de case todos. Por iso mesmo, é un libro sobre o amor,semellante neste concepto a case todos os da autora. Mais, a diferenza doutros, " Soños. Arquivos. Cartas " non rende tributo aos amorespersoais senón á forza que precisamos para que as cousas que acontecen no dÃa a dÃa (as conversas, as lembranzas, os soños, os encontros, os espertares, as noites, os paseos, os poemas) merezan verdadeiramenteser vividas.