Esta obra é unha construción de humor e dor. Unha novela da vida parachorar e rir. Quen son as voces baixas? Son as criaturas, os nenos e nenas, asmulleres que falan soas, os mortos, os animais... É a ironía a que sostén as palabras, a que terma das «voces baixas»para que non se afundan, para que resistan e mesmo procuren unhasegunda vida á marxe das relacións de dominio e poder, nun entroidoexistencial. En As voces baixas o eu anda á procura do nós. É un libro no que seentrelazan a memoria persoal e a colectiva. Dende o primeiro medo, oque lle provocan uns cabezudos que resultan ser figuras dos ReisCatólicos, o narrador asiste á descuberta da vida por mor daexistencia extraordinaria da xente do común. O barrio de Monte Alto, a aldea urbana de Castro de Elviña, o lugar de Corpo Santo, coa luz do faro de Breogán, a prisión provincial, ocemiterio de Santo Amaro, o poboado céltico, o Monte Xalo onde asnenas pastoras pisan o sol, a escaleira onde os nenos clandestinosescoitan os murmurios da imaxinación... Unha xeografía real para unpobo marabilloso: as «voces baixas» que non queren dominar e que sealimentan de contos.