O lapis do carpinteiro é unha historia de amor, melancolía eliberdade.Un grande amor en tempo de guerra e posguerra que chega ós nosos díasentre Marisa Mallo, unha fermosa moza de Fronteira, filla dunhafamilia reaccionaria e o médico republicano Daniel Da Barca, posuídorda beleza tísica e seguidor da teoría da realidade intelixente dodoutor Nóvoa Santos. Fronte a eles a mirada escrutadora dun home quenon tiña medo, Herbal, o garda da cadea da Falcona que verá restaurada a súa condición de ser humano por obra e gracia de tantas formas deamor como o lapis do carpinteiro lle foi ensinando a debuxar.O lapis do carpinteiro é testemuño dunha traxedia curativa, unhametáfora de tódalas guerras, unha loita contra o esquecemento quedemostra o poder salvífico do amor.Esta excepcional novela ficará no lector gravada coma un engrama, coma o sulco dunha cicatriz que rescata o mellor da nosa memoria.