Verán de 1995. No pazo dos Soutelo, ao facer unhas obras derestauración, descóbrese un esqueleto dentro dunha alfombra enrolada,oculto entre dous tabiques. Un cadáver emparedado hai máis decincuenta anos, cun furado de bala na cabeza. Quen é o morto? Que manempuñou a pistola que o asasinou? Clara Soutelo, testemuñainvoluntaria da descuberta, asume o reto de desvelar o misterio que se agocha tras as dúas preguntas. Unha investigación complexa, que alevará a indagar no pasado da súa familia. Moito tempo despois, candoxa é maior, decídese a contar os sucesos daquel verán dos seusdezaseis anos, cando descubriu a plenitude do primeiro amor e mudoupara sempre a súa forma de entender a vida. ' ' Corredores de sombra ' ' de Agustín FernándezPaz é un thriller moral onde se pretende desvelar un dobre misterio(quen é o morto, quen o asasinou?) que nos leva a unha investigación,con momentos de grande tensión, e unha resolución na liña das mellores novelas negras. Mais tamén é unha novela sobre a progresiva toma deconciencia da protagonista obrigada a elixir o camiño polo que querefacer a súa vida, mesmo se iso implica opoñerse a súa familia e todo o que significa. Unha novela memorable que confirma a Agustín Fernández Paz como un dos narradores primeiros da literatura galega.