Branca está enferma de hepatite. Desde hai nove días está na cama eten que gardar repouso absoluto durante cinco ou seis semanas. Unhaeternidade! Encima ten que pasar o seu aniversario así, e é unaniversario importante: trece anos. Ese día regálanlle un álbum defotos e súa nai proponlle que o complete para non se aburrir. E así,pouquiño a pouco, Branca vai lembrando distintos episodios da súa vida que nos permiten ir coñecendo como é e como foi esta rapariga detrece anos. A súa infancia, a súa forma de vivir, os problemas dosseus pais, o colexio, o seu primeiro amor? son escenas que vanxurdindo grazas ao efecto evocador dunhas vellas fotografías.