Hai unha trama de fíos invisibles que une as vidas dos personaxesdeste novo libro de relatos de Agustín Fernández Paz, ilustrado porPablo Auladell: Diana, Sara, Pablo, Laura, Adrián… todos se namoran edescobren que o amor é un sentimento poderosísimo, capaz detransformalos por enteiro e facerlles ver a vida doutro xeito. Maistamén experimentan a amargura do desamor, ou da ausencia, ou dosamores rotos. O amor en todas as súas variantes: desde o primeiro amor adolescente ata o que se mantén máis alá da morte. Aínda sabendoisto, as persoas sempre buscamos na nosa vida ese sentimento tannecesario como o aire que respiramos, quizais porque intuímos que,como escribe Orhan Pamuk en Neve, "na vida o único que queda é oamor". E sempre, os libros como compañeiros da aventura do amar. Unlibro memorable.